jueves, 27 de octubre de 2011

Alex Álvarez Fernández

            Ola, son eu outra vez, Alex. Hoxe ímosvos falar de xogos aos que xogaban os nosos avós. Os meus xogaban á goma, un xogo no que intentas facer forma coas gomas. Poden xogar moitas personas. Tamén xogaban ao brilé, a saltar a corda (comba), á "mariquitilla", ás agachadas, ás bólas, ao trompo e a petanca que é un xogo en que cunhas pedras tes que lanzarlle a un pao e facer que xire.Tamén xogaban a "Ovo, Pico e Araña": é un xogo no que uns se agachan e outros saltan por enriba, despois o que estaba diante dicía "ovo, pico ou araña" e quen o acerte ponse a saltar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

ir arriba